3.200.000 euros para 1ª fase do despregamento da TDT en Galicia

martes, 29 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Fernando Salgado con Francisco Ros durante a Conferencia Sectoral de TelecomunicaciónsA Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, investirán 3.200.000 euros para rematar a primeira fase de despregamento da Televisión Dixital Terrestre en Galicia segundo asegurou Fernando Salgado trala xuntanza da Conferencia Sectorial de Telecomunicacións e da Sociedade da Información presidida por Francisco Ros.
Salgado tamén destacou que Galicia é a comunidade que acada maior financiamento de todo o estado, cun 18,4% do orzamento total por mor da «difícil situación de Galicia polas súas características demográficas e poboacionais».
A primeira fase do despregamento da TDT en Galicia achegará a nova televisión a 16 concellos da área de Ourense Este e 44 da área de Santiago de Compostela, zonas que representarían o 20% dos concellos galegos aos que o apagamento analóxico se adiantaría ao 30 de xuño de 2009.

PUBLICIDADE