20 millóns de usuarios do Opera Mini

luns, 2 de marzo do 2009

O Opera Mini supera xa os 20 millóns de usuarios mensuais e procesando máis de 1,1 Petabytes de información no último ano, o que supón un incremento moi importante e deixando constancia que esta aplicación que permite explorar a web dende terminais de telefonía móbil pouco potentes goza de grande popularidade.
O fabricante do software pode medir precisamente o uso da súa aplicación porque o traballo de mobilización das webs corre a cargo dos seus servidores.

PUBLICIDADE