1,2 millóns de PS3 vendidas nos EE.UU.

luns, 7 de xaneiro do 2008

O Nadal senta ben ás vendas de consolas de videoxogos, e co gallo do CES de Las Vegas, Sony anuncia que dende Acción de Grazas e Fin de Ano venderon nos EE.UU. 3,9 millóns de unidades, das que 1,2 resultaron ser da PlayStation 3, de xeito que a consola nipona de alta definición comezaría a ter unha certa presenza no mercado (aínda que non supera en vendas á PS2 nin á PSP).
Este incremento de vendas da PS3 implicaría que 2008 pode ser un ano interesante na guerra de consolas.

PUBLICIDADE