Xiaomi comercializa unha nova baterÃa imantada
venres, 5 de decembro do 2025
A incorporación da tecnoloxÃa Magsafe aos iPhone non só supuxo un sistema de carga sen fÃos máis seguro e eficiente, senón que tamén abriu a porta a toda unha serie de accesorios que tiran proveito da conexión imantada para facer máis práctico o seu uso, como é o caso da nova baterÃa externa de Xiaomi.
A Xiaomi Super Slim Magnetic Power Bank 5000, que pode adquirirse en España por 34,99 euros (dispoñible tamén a prezos máis agresivos mediante importación), é unha baterÃa cunha capacidade nominal de 3.000 mAh, cunhas dimensións de 69,5 x 102 x 8,7 milÃmetros e un peso de 122 gramos, que pode cargarse por USB-C e achega carga por cable ata a 22,5 watts e sen fÃos de 5, 7,5, 10 e 15 watts. Está dispoñible en catro cores distintas e pode adherirse magneticamente ao iPhone (ten 17 núcleos magnéticos de neodimio para unha firme suxeición) sen bloquear cámaras nin sobresaÃr.
Esta baterÃa externa pode funcionar tamén con móbiles de marcas distintas de Apple (Samsung, Huawei, Honor, Vivo, Oppo...), aÃnda que cómpre indicar que nos dispositivos nos que resulta máis práctica é nos que teñen un sistema de carga semellante ao dos iPhone (como os equipados con carga Qi 2).

- A baterÃa de Xiaomi suxéitase ao iPhone mediante imáns
