Vitae organiza a sexta edición do seu curso sobre datos masivos e arquitecturas
martes, 13 de febreiro do 2018
A
consultora galega Vitae vai ofrecer os días vindeiros a sexta
edición do seu exitoso obradoiro centrado na información a gran
escala e nas súas posibilidades, centrándose en poñernos ao
alcance da man ferramentas que nos axuden mellor a manexar datos de
envergadura, avalialos e extraer, para noso día a día, conclusións
e pautas de valor. O Curso
Big Data Deseño e Arquitectura de Solucións con Hadoop, Spark e R,
cuxa primeira edición remóntase a 2012, achega 20 horas de
formación avanzada sobre recursos axeitados para tirar proveito de
cada pequena parte de coñecemento que xeremos ou recibamos. E máis
tendo en conta que, como sinalan dende Vitae, “na era da
información cada dato importa”.
Por
exemplo á hora de proporcionar vantaxes competitivas (onde é
preciso coñecer as diferentes aproximacións que temos dispoñibles
para xestión de grandes cantidades de datos).
Durante
este obradoiro, que se celebra na Coruña os días 9, 10, 16 e 17 de
marzo na Coruña (Hotel Attica 21), avaliaranse os diferentes camiños
para abordar o manexo de datos a gran escala, mostrando as
alternativas de arquitectura dispoñibles, con vistas a dar resposta
aos requirimentos de análise de información de cada entidade ou
empresa.
No
curso empregarase HDinisght, a distribución Hadoop de Microsoft na
nube para os laboratorios prácticos durante o curso, aínda que os
conceptos serán válidos para calquera das distribucións do
mercado.
Os
obxectivos do obradoiro son os seguintes: coñecer as diferentes
arquitecturas dispoñibles e posibles para definir unha
arquitectura Big Data; diferenciar os diversos tipos de
requirimentos de análise de información; e introducirnos na
analítica avanzada a través dos programas Spark e R.
O
curso vai dirixido a profesionais do ámbito das Tecnoloxías da
Información (TI) que queiran adquirir coñecementos sobre a xestión,
o manexo e a interpretación do coñecemento a esgalla.
O
temario abrangue unha introdución a Hadoop, os fundamentos de
almacenamento, un achegamento á configuración de servizos Hadoop, o
uso de Ambari para seguimento e administración, os fundamentos de
Hive, a arquitectura de Apache Spark e un achegamento ao R-Server en
Spark.
O
profesional que impartirá o obradoiro será Antonio Soto Rodríguez,
enxeñeiro en Informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e
profesional con máis de dúas décadas de experiencia como consultor
técnico experto e certificado, achegando formación na Universidade
Microsoft e a empresas e organismos como a NASA, NASDAQ, PEMEX,
SERGAS, Citroen, CEAGA, Inditex, Ferroplast, Banco Popular, ABANCA,
Xunta de Galicia ou Abertis.
