Venezuela bloquea o acceso a X durante 10 dÃas
venres, 9 de agosto do 2024
O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, sorprendeu anunciando nas pasadas horas o bloqueo da plataforma social X durante 10 dÃas como reacción aos «plans en redes para sementar violencia, odio e de atacar Venezuela dende o exterior». Maduro asegura que Elon Musk «violou todas as normas incitando ao odio, ao enfrontamento dos venezolanos» e indicou á Comisión Nacional de Telecomunicacións (CONATEL) que impedise o acceso dende Venezuela a X asegurando que vai «enfrontar a espionaxe do imperio tecnolóxico». Nesta liña tamén escenificou a desinstalación de WhatsApp no seu smartphone para amosar que está libre «do imperialismo tecnolóxico que ataca Venezuela».
Maduro manifestou que a paz está por enriba de todo e «non imos calar ante a ameaza fascista, nin un golpe de Estado da dereita mundial, nin do imperio tecnolóxico para roubarnos a soberanÃa, a independencia, nin o dereito ao futuro de Venezuela».
Esta reacción de Maduro chega despois de varias semanas con Elon Musk realizando declaracións na súa contra en X, chamándolle ditador e burro, denunciando a fraude das últimas eleccións presidenciais en Venezuela e mesmo asegurando que está drogado (ilustrando a acusación cun cartel da DEA na que se acusa a Maduro de narcotráfico), de aà que non sorprenda a reacción do presidente, aÃnda que probablemente non teña ningún impacto real (pois os bloqueos deste tipo son doados de saltar para quen está afeito a buscar información libremente).