Ubisoft non estará presente na feira E3
luns, 27 de marzo do 2023
Estaba previsto
que no mes de xuño a feira de videoxogos E3 retomase completamente o seu
formato presencial, pero segundo se vai achegando a cita son peores as súas
expectativas, ao igual que a
primeiros de ano Nintendo, Sony e Xbox aseguraban non ter presenza oficial no
Centro de Convencións de Los Angeles, agora chegan informacións apuntando a
que Ubisoft,
a editora da franquÃa de Assassin’s Creed, deixará de lado a feira E3,
optando por informar das súas novidades a través dun evento propio.
O anuncio dun evento Ubisoft Forward Live o 12 de xuño en Los Angeles, á marxe
do E3, resultan bastante rechamante porque o mes pasado a organización da feira
divulgaba a nova de que Ubisoft
confirmaba a súa presencia no evento.
Dende Ubisoft recoñecen que a súa intención inicial era estar presentes
oficialmente na feira E3, o que poderÃa entenderse como un anticipo da pouca
participación que terá o evento, xa que aÃnda non hai ningunha grande compañÃas
que anunciase a súa presenza no formato que adoptará a feira este ano (os dous
primeiros dÃas serán exclusivos para profesionais e os dous seguintes para o
público xeral).
Cómpre salientar que, aÃnda que as compañÃas non vaian estar presentes nas
instalacións do E3, si é de esperar que organicen anuncios paralelos nas mesmas
datas, de xeito que a semana do E3 seguirá sendo moi forte a nivel informativo,
aÃnda que o evento presencial poida chegar a considerarse irrelevante.