Tres galegos premiados pola tradución do xogo Baldur’s Gate 3
martes, 29 de outubro do 2024
O pasado sábado entregáronse na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona os premios da Asociación de Tradución e Adaptación Audiovisual de España (ATRAE), nunha gala presentada polos actores de dobraxe Nerea Alfonso e Claudio Serrano, e da que cómpre destacar o premio á mellor tradución de videoxogo para Baldur’s Gate 3, tÃtulo no que participaron na tradución os galegos Ramón Méndez González e Fernando Moreiras e na revisión Alba Calvo Porrúa.
O xurado dos Premios ATRAE destacou a creatividade amosada na tradución dos termos, cunha naturalidade e fluidez que fan que non pareza unha tradución e capta a esencia do xogo, afóndase nel e fai gozar do mesmo.
Durante a entrega de premios Alba Calvo agradeceu a confianza depositada neles por Larian Studios (creadores de Baldur’s Gate 3), mentres que o seu compañeiro Ramón Méndez salientou o feito de que este tipo de traballo non se poderÃa ter realizado mediante intelixencia artificial. Outra das súas compañeiras de equipo, Curri Barceló, aproveitou a ocasión para pedir que en futuras edicións dos premios existan as categorÃas de catalán, éuscaro e galego para videoxogos.
Precisamente na gala tamén se entregaron premios á tradución e dobrase ao galego do filme Puñales por la espalda e para a subtitulaxe ao galego do filme El agente nocturno.