Telefónica modernizará as redes de comunicación de Nueva Pescanova
martes, 27 de xullo do 2021
Telefónica
modernizará as redes de comunicación de Nueva
Pescanova,
unha das grandes empresas pesqueiras de Vigo e
do territorio galego e estatal.
En
concreto, a operadora
de telecomunicacións
levará a cabo unha virtualización integral de todas as redes da
compañÃa de
alimentación.
AsÃ,
estas redes
poderán xestionarse en remoto, aumentar a súa eficiencia e dispoñer
de múltiples funcionalidades automatizadas. O obxectivo consiste en
realizar este traballo en 16 sedes que Pescanova ten en España.
Cómpre
mencionar que Nueva
Pescanova, conta con máis de 900 millóns de euros de facturación,
10.000 empregados traballando en catro continentes e máis de 60
buques faenando no hemisferio sur. Polo tanto, a adxudicación a
Telefónica das súas redes de comunicación prodúcese despois de
gañar o concurso aberto pola multinacional pesqueira.