Star Wars: DesafÃos Jedi chega a España
venres, 16 de febreiro do 2018
En setembro dabamos conta da alianza entre Lenovo e Disney
para comercializar un casco de realidade aumentada Lenovo Mirage cun mando con
forma de espada de luz e unha baliza de posición para permitir aos seus
usuarios xogar a ser un cabaleiro jedi, e aÃnda que o Star Wars: Jedi Challenges tiña
previsto chegar a primeiros deste ano a Europa a un prezo de 299,99 euros,
finalmente o produto chegou estes dÃas a un prezo bastante máis asumible: 199
euros.
Star Wars: DesafÃos Jedi é unha
aplicación de realidade aumentada que funciona cos mencionados accesorios de Lenovo,
pero que precisa dun smartphone para funcionar (que hai que introducir no casco
de realidade aumentada), sendo compatible tanto con Android como con iOS.
Inclúe inicialmente a posibilidade de adestrar en combates de espadas contra opoñentes
como Kylo Ren e Darth Vader; permite ver no chan dun cuarto un xogo de combate
estratéxico e tamén permite gozar do holoxadrez que puidemos ver nos filmes de Star Wars.
Pero esta aplicación tamén recibirá actualizacións de balde, con novas batallas
de espadas (permitindo loitar contra dous gardas pretorianos ao mesmo tempo),
tres novos niveis de combate estratéxico, novo contido en modo asalto e a
introdución dos porgs como recompensas
en realidade aumentada.
VÃdeo promocional de Star Wars: DesafÃos Jedi