Sony presenta un proxector para o fogar de seis millóns de dólares
luns, 11 de febreiro do 2008
DicÃa un compañeiro deste que escribe que o máis importa á hora de gozar do cinema ou da música é a tecnoloxÃa que tes entre mans, máis có contido mesmo do que escoites ou vexas. Tendo en conta isto, chegará un punto en que a espectacularidade posta ó servizo do son e das imaxes acade por facer bos os filmes de Andrés Pajares e Fernando Esteso, aÃnda que está por determinar que infraestrutura operará o milagre. O que si que temos claro é que haberá que pagar por ese instrumento unha porrada de cartos.
Se cadra os mesmos que che pide Sony polo seu proxector SRX-R110, un produto que está á vista dos internautas estes dÃas no salón virtual de Jeremy Kipnis e en Pixel e Dixel e que achega unha resolución de 4.096 x 2.160, amais de subministrar até 10.000 lumens (verba de feitura aparentemente galega que alude á intensidade da luz dun proxector).
Isto significa unha calidade de brillo poucas veces vista até o de agora, nin sequera en grandes auditorios de congresos de envergadura, onde raramente se ten pasado dos 5.000 lumens. AsÃ, tendo en conta a achega de brillos achegada por Sony neste modelo, é lóxico pensar que a necesidade de escurecer a sala será ben pouca.
O sistema de son este aparello é de 8 canles. Con todo, hai máis de oito altofafalantes. Para o subwoffer emprega até 16. Inclúe reprodutor de Blue Ray e outro de HD-DVD. Ten Play Station 3 e mesmo un vÃdeo VHS, por se aÃnda seguimos coa teima das videocasetes. O prezo do equipo, que tamén trae 35 amplificadores, é nada máis e nada menos que de seis millóns de dólares.