Samsung pon á venda unidades SSD externas con Thunderbolt 3
martes, 28 de agosto do 2018
Nos últimos anos as unidades SSD están a imporse aos discos
duros internos, pero para quen precise unha grande velocidade tamén hai
unidades SSD externas, como a Samsung
Portable SSD X5, que vén de saÃr á venda nos EE.UU. en capacidades de 500
GB, 1 TB e 2 TB a 399,99, 699,99 e 1.399,99 dólares, que non parecerán baratos,
pero que destacan por aproveitar os portos de comunicación Thunderbolt 3, de xeito
que ten velocidades de lectura/escritura de 2.800/2.300 MB/segundo.
Temos asà unhas unidades SSD externas ideais para usuarios profesionais que
precisan de grandes velocidades para procesar vÃdeo ou grandes cantidades de
datos en mobilidade (ou simplemente que poida transportarse fisicamente). Estas
unidades X5 son até 5,2 veces máis rápidas que as unidades SSD portátiles
normais e até 25,5 veces máis rápidas que un disco duro externo, e como exemplo
desta velocidade dende Samsung aseguran que esta unidade poderÃa transferir unha
pelÃcula 4K de 20 GB en só 12 segundos.
Aparte da elevada velocidade de transferencia, este tipo de unidades tamén
conta con protección térmica e soporta mellor os golpes ao non contar con
partes móbiles e ter unha carcasa de aliaxe de magnesio capaz de resistir
caÃdas a 1,8 metros de altura.
VÃdeo promocional das novas unidades SSD externas de Samsung