Román RodrÃguez visita a rodaxe de Operación Marea Negra na antiga Fábrica de Armas da Coruña (hoxe Cidade das TIC)
luns, 18 de setembro do 2023
O conselleiro
de Cultura e Educación, Román RodrÃguez, visitou este luns 18 de
setembro ao equipo da serie da plataforma de streaming Prime
Video Operación Marea Negra. FÃxoo durante a
rodaxe na Coruña coincidindo coa recta final da filmación da súa
terceira e última temporada. A xornada de traballo desenvolveuse na
antiga Fábrica de Armas (hoxe en dÃa Cidade das TIC), unha das
numerosas localizacións coruñesas desta nova quenda de cinco
episodios.
Con ela, culmina o percorrido desta coprodución
galego-portuguesa, encabezada pola compañÃa compostelá Ficción
Producciones, que xa nas súas anteriores entregas tivo Galicia como
escenario principal co apoio da Xunta a través de diferentes liñas
de subvencións ao sector audiovisual galego.
O delegado territorial na Coruña, Gonzalo Trenor,
e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo
Sutil, acompañaron o conselleiro no seu percorrido polo set xunto
con Mamen Quintas e Julio Casal, produtores executivos por parte de
Ficción Producciones; e os representantes de Prime Video, da Rádio
e Televisão de Portugal (RTP) e da tamén portuguesa Ukbar.
Na súa visita, o conselleiro felicitou a parte do
equipo técnico e artÃstico, composto por preto de 70 profesionais,
dos que máis do 70 % son galegos. Igor Legarreta e Oskar Santos
lideran a dirección desta nova entrega, que volve contar con Jorge
López no papel protagonista xunto a un destacado reparto
hispano-portugués no que figuran Óscar Jaenada, Bruno Gagliasso,
Pêpê Rapazote, Soraia Chaves, Diego Anido, Luis Zahera ou Miguel de
Lira, entre outros.