Rock Band lideras as vendas de xogos para o iPhone nos EE.UU.
xoves, 22 de outubro do 2009
Esta semana chegou
á App Store norteamericana unha adaptación do xogo Rock
Band para os terminais táctiles de Apple,
que está á
venda por 9,99 dólares e que tamén inclúe a compra de cancións para ampliar
o seu catálogo de 20 temas (todos versións orixinas).
Curiosamente, pese a non contar con versión de demostración nin ofertas conseguiu
converterse no xogo máis vendido a través de iTunes, o que é todo un logro
se lembramos que Tap Tap Revenge 3 é
un tÃtulo con moi boa acollida no iPhone e iPod Touch.
Haberá que agardar un tempo para coñecer os detalles das vendas do xogo, asÃ
como das vendas de contidos para o mesmo (que nas edicións de sobremesa de Rock Band resultan moi rendibles), aÃnda
que dado que o lanzamento internacional deste xogo aÃnda non se desenvolveu
pode ser prematuro entender que estariamos ante un dos xogos de máis éxito para
iPhone e iPod Touch.