Pokémon Masters chegará a móbiles o 29 de agosto
mércores, 24 de xullo do 2019
AÃnda
que Pokémon
Rumble Rush estea a ter unha acollida moi discreta,
a franquÃa de Pokémon non descansa no verán, e para o vindeiro 29 de agosto
está previsto o lanzamento de Pokémon Masters, xogo que vén de abrir a súa inscrición
na App Store e na
tenda de Google Play, de xeito que os xogadores interesados neste tÃtulo recibirán
unha alerta cando estea finalmente dispoñible.
Este novo xogo de Pokémon é probable que si teña unha moi boa aceptación, xa
que convida aos usuarios a iniciar unha nova aventura explorando a illa de Passio,
na que celebrarase un torneo de combates de 3 contra 3 chamado World Pokémon
Masters, no que participarán adestradores coñecidos cos seus respectivos
Pokémon, para poder formar o noso equipo anhelado.
O novo xogo tamén contará con modo multi-xogador con combates cooperativos con
amigos de todo o mundo, no que tres xogadores xuntarán forzas para vencer en
combates emocionantes.
- O xogo centrarase en combates de 3 contra 3
VÃdeo de presentación de Pokémon Masters