PC Fútbol 8 adÃa o seu lanzamento unha vez máis
luns, 5 de agosto do 2024
O 11 de xullo, Héctor Prats, responsable de Una Partida Más, compañÃa que está a traballar no desenvolvemento de PC Fútbol 8, celebrou unha conferencia de prensa desastrosa, na que non foi quen de facer correr adecuadamente unha compilación do xogo de fútbol que levaba meses acumulando adiamentos e que supostamente estaba completo e só presentaba pequenos fallos.
En aquel momento Prats comprometérase a enviar aos medios asistentes (e aos consumidores que compraran o xogo de xeito anticipado) unha versión de PC Fútbol 8 ao longo da semana seguinte.
As promesas de Prats parecÃan terse esquecido ao anunciarse que PC Fútbol 8 sairÃa oficialmente 5 de agosto ás 19:30, pero un par de horas antes do tantas veces adiado lanzamento chega un novo comunicado para as persoas que pagaron anticipadamente polo xogo que no mes de marzo prometÃa entregarse aos compradores o pasado 30 de abril. Desta volta Héctor Prats asegura que «un problema de non ter reconectado ben a sección de fichaxes ocasionou un comportamento inesperado coa base de datos» o que impedirÃa lanzar o xogo hoxe, e tendo que adiar a súa saÃda ao vindeiro mércores ás 19:30, repetindo erros pasados ao volver a pór datas de lanzamento que xa ninguén cre, consolidando os retrasos de PC Fútbol 8 como un dos memes do ano.
AÃnda que a situación poida parecer cómica, non podemos esquecer o feito de que unha parte moi importante dos que pagaron anticipadamente polo xogo solicitaron a devolución dos cartos nos últimos 2 meses, ao perder a confianza no proxecto, recibindo como resposta que dende Una Partida Más aÃnda non poden efectuar as devolucións por carecer de fondos, xa que non foron quen de anticipar o elevado volume de solicitudes de devolución, á vez que insisten en que en ningún momento pretendÃan estafar aos compradores.
Na súa comparecencia cos medios Prats deixou bastante claro que este proxecto atende principalmente a un anhelo persoal, pero resulta evidente que cando abriu as vendas anticipadas o xogo estaba moi lonxe de rematarse, polo que prometer un lanzamento inminente non é de recibo. Fixar logo datas de lanzamento sen criterio, seguidas de moitos dÃas sen comunicación tras incumprir as datas prometidas, fan que confiar en que o xogo vaia saÃr nun estado digno sexa practicamente imposible (aÃnda que non son poucos os que desexan o contrario).
ACTUALIZACIÓN (7-8-2024) Como era de esperar, hoxe non só non se lanzou PC Fútbol 8, senón que nin sequera se deron explicacións ao respecto, de xeito que moitos compradores anticipados xa están a declarar no foro oficial a perda total da confianza en que o xogo chegue a ver a luz.
ACTUALIZACIÓN (8-8-2024) Tras dÃas sen dar sinais de vida, Héctor Prats envÃa un novo comunicado aos usuarios que pagaron anticipadamente por unha copia de PC Fútbol 8 asegurando que o martes enviara aos patrocinadores unha mensaxe informando de que os problemas detectados o pasado luns eran maiores do que pensaban, programando o lanzamento dun vÃdeo con gameplay para este xoves e o lanzamento do xogo para o luns que vén.
Prats asegura que non se decatou de que ninguén recibira tal comunicación porque está desconectado das redes «por saúde mental» e tampouco comprobou a caixa de correo electrónico.
Sobra dicir que estamos ante unha desculpa que carece de toda credibilidade, e está a percibirse como un desprezo cara aos seareiros de PC Fútbol que depositaron a súa confianza nun proxecto que demostra ser un desastre a nivel organizativo e de comunicación.