Os novos Galaxy S9 e S9+ comezan a chegar aos consumidores
venres, 9 de marzo do 2018
Non hai dúbida en que o smartphone que máis atención captou
no Mobile World Congress de Barcelona foi o Samsung
Galaxy S9/S9+, que grazas á incorporación da súa cámara con apertura dual e
a posibilidade de gravar vÃdeo en cámara super lenta conseguiu situarse como a
mellor cámara dun smartphone se atendemos á análise
do teléfono que fixeron nos laboratorios de DxOMark, confirmando a
impresión de que Samsung conseguÃa un ano máis manter o nivel de excelencia nas
súas cámaras, chegando a superar ao iPhone X de Apple e ao Pixel 2 de Google.
AÃnda que o novo smartphone insignia de Samsung non está dispoñible en tendas
até o vindeiro xoves, esta mesma semana chegou xa a mans dos consumidores que o
reservaron, coincidindo coa data na que se levantaron os embargos impostos á
prensa para a publicación de análises en profundidade do dispositivo, coincidindo
os distintos medios en que estamos ante unha evolución dos Galaxy S8/S8+, con
pequenas melloras distintos aspectos, e cunha actualización das súas cámaras
para atender ás tendencias do mercado e poder asà convencer a máis de un a renovar
o seu teléfono para poder gozar das novas prestacións fotográficas que tanto
agradecerán os usuarios que disparen instantáneas sen grandes pretensións como os
que prefiran optar pola realización de axustes manuais do disparo para conseguir
distintos efectos e unhas imaxes impactantes, que cada vez achegan máis as
posibilidades das cámaras tradicionais aos dispositivos móbiles a través da
combinación de avances no hardware e no software.
O Galaxy S9 chega cunha pantalla de 5,8 polgadas, 4 GB de RAM, baterÃa de 3.000
mAh e unha única cámara traseira, mantendo o seu prezo oficial en 849 euros;
mentres que o Galaxy S9+ conta cunha pantalla de 6,2 polgadas, 6 GB de RAM,
baterÃa de 3.500 mAh e dobre cámara traseira, levando o seu prezo até os 949
euros, contando ambos dispositivos con 64 GB de almacenamento interno ampliable
(no modelo á venda en España) e varias cores de carcasa a elixir (negro, gris,
azul ou púrpura). Tamén será posible atopar a través dalgúns distribuidores o
modelo con dobre SIM destes smartphones.
Estes teléfonos gozan de pantallas de auténtica impresión, compatibles con vÃdeo
HDR, cunha experiencia sonora mellorada grazas aos seus altofalantes estéreo (incluÃndo
tamén auriculares AKG para cando queiramos escoitar música cunha calidade
sonora bastante satisfactoria), con resistencia ao po e á auga, compatibilidade
con Samsung Pay, carga rápida con cable e sen fÃos, a última versión de Android
e a coexistencia de distintas medidas de identificación do usuario, como un
lector de pegadas dixitais na súa parte traseira (nunha posición centrada que atende
ás crÃticas recibidas nos modelos anteriores), escáner de iris e un sistema de
recoñecemento facial para facer máis rápido o desbloqueo do terminal.
Para chamar a atención Samsung tamén dotou a cámara dos seus smartphones con
novos AR emojis, avatares creados tomando por base ao propio usuario, que
buscan animar as conversas en redes sociais e aplicacións de mensaxerÃa
mediante o intercambio de vÃdeos e imaxes animadas únicas e personalizadas que chegan
en resposta aos animoji de Apple, pero que moitos usuarios verán máis como unha
aproximación doas Mii da Wii ou aos avatares de Xbox LIVE.
O Samsung DeX renovouse nos Galaxy S9/S9+ dun xeito bastante curioso, xa que
modificaron a posición do móbil cando o conectamos a unha pantalla para
empregalo nun modo no que poderiamos consideralo case coma un ordenador persoal,
de xeito que agora o terminal manterÃase deitado na mesa, coa pantalla cara
arriba, o que permite aproveitar a súa pantalla a xeito de panel táctil, o que
pode resultar de grande utilidade (de xeito que en moitos casos só serÃa
preciso engadir un teclado de querer empregar o teléfono nun monitor como un
equipo de traballo orientado á produtividade.
En vista de todas estas posibilidades non hai dúbida en que estamos ante os
smartphones con Android máis potentes e completos do mercado, catalogación que
probablemente manteñan até dentro duns meses, cando previsiblemente chegará o
Samsung Galaxy Note9, teléfono que probablemente será unha lixeira modificación
do Galaxy S9+ á que se lle incorporou un S Pen.
Edicións especÃficas de Microsoft
Un detalle a salientar dos novos teléfonos de Samsung é que nos EE.UU. Microsoft está a vendelos na súa tenda en liña, nunha versión que incorpora o Microsoft Launcher instalado de xeito predeterminado, xunto coas aplicacións de Office 365, ou sexa, que serÃa unha sorte de Microsoft Edition orientada aos usuarios dos servizos de Microsoft, que non precisan de teléfonos con Windows 10 para poder gozar dunha boa experiencia de uso cos produtos e servizos da compañÃa de Redmond, xa que nos últimos anos adaptaron as súas principais aplicacións para operar en Android.