Os maiores de Asados (Rianxo) formáronse no uso de móbiles e aplicacións
martes, 18 de xuño do 2024
As Escolas Vellas da Atalaia (Asados, Rianxo) acolleron a semana pasada unha nova sesión dos obradoiros de uso de aplicacións móbiles para persoas maiores de 55 anos organizados polo Concello de Rianxo. Dende o Consistorio informaron que a boa acollida deste ciclo de talleres vai motivar que á volta de verán a ConcellerÃa de PolÃtica Social desenvolva un novo programa de sesións, en colaboración (novamente) coa Asociación Cibervoluntarios.
Nestes obradoiros, gratuÃtos para a veciñanza, as persoas asistentes aprenden a navegar con seguridade e confianza por Internet e a empregar o seu teléfono móbil ou tableta para comunicarse por vÃdeo-conferencia, facer xestións co seu banco, pedir unha cita médica, mercar online ou aproveitar o seu tempo de ocio na Rede.
Estas actividades formativas impartÃronse esta tempada en todas as parroquias do concello de Rianxo da man de Asociación Cibervoluntarios e do Concello. O primeiro obradoiro celebrouse os dÃas 24 e 25 de abril, na parroquia de Isorna. A seguinte quenda foi en Leiro, os dÃas 2 e 3 de maio. O 15 e o 16 de maio, en horario de tarde, celebrouse un obradoiro en Taragoña; o 29 e o 30 de maio en Araño; e o 12 e o 13 de xuño en Asados.
Os dÃas 26 e o 27 de xuño celebrarase o último taller desta edición en Rianxo.