O responsable de PC Fútbol 8 asegura que o xogo está a piques de ver a luz
xoves, 11 de xullo do 2024
- Héctor Prats, responsable de Una Partida Más, compañÃa detrás de PC Fútbol 8
O desenvolvemento do xogo PC Fútbol 8 está a ser un camiño tortuoso para os seus responsables, acumulando incidencias e adiamentos, o que provocou que influentes como o galego VirtuaNEStor dedicase numerosas retransmisións en directo a través de Twitch para dar conta da precaria situación do proxecto e dando visibilidade a dÃxomes, filtracións e mesmo declaracións de antigos desenvolvedores, proxectando unha mala imaxe sobre a marca e moi especialmente sobre o máximo responsable da compañÃa que a xestiona actualmente, Héctor Prats.
Esta situación agravouse cando algúns medios de comunicación comezasen a prestar atención á polémica, levando a que Prats decidise facer unha convocatoria de prensa para clarexar a situación, aÃnda que adiando en varias ocasións a cita, lapso no que tamén xurdiron enfrontamentos con estes medios, o que levou a que se chegase a vetar a El Confidencial e a Marca Gaming.
Problemas coa última compilación
- A compilación do xogo fallou ao pouco de comezar a súa demostración ante os medios
Finalmente este mediodÃa tivo lugar o encontro virtual cos medios de comunicación, no que pretendÃa atenderse ás consultas da prensa e amosar unha compilación do xogo que tamén se entregarÃa aos xornalistas para que puidesen comprobar o estado do tÃtulo en primeira persoa. Por desgraza, a compilación, que rematou de facerse xa comezada a xuntanza, resultou defectuoso, provocando peches a poucos segundos de iniciar a súa primeira execución e impedindo que incluso puidese botarse unha partida no modo Chapas.
A decepción ante o acontecido afectou considerablemente a Prats, quen pediu desculpas en numerosas ocasións, e asegurou que dende o contorno de desenvolvemento o xogo funciona, polo que vai esforzarse para que estea lista unha copia preliminar do tÃtulo para a vindeira semana, que non só remitirÃa aos medios, senón que tamén enviarÃa aos consumidores que realizaron compras anticipadas do xogo.
A fórmula de comercialización
Ante as preguntas sobre se estas compras anticipadas eran a fonte de financiamento do xogo o responsable de Una Partida Más deixou claro que non era asÃ, apuntando que só o pagamento da licenza de PC Fútbol a Virtumondo (compañÃa mexicana que actualmente ostenta a propiedade da marca) xa custaba máis que o recadado coa compras anticipadas.
Interrogado por esta fórmula de comercialización Prats apuntou que non optaron polo micromecenado por responsabilidade, xa que consideraron que permitir a precompra do xogo daba máis garantÃas, pois unha campaña de micromecenado pode fracasar e deixar a todos os mecenas sen os cartos nin a recompensa prometida.
Tamén apuntou que non lanzaron o xogo como Acceso Anticipado en Steam xa que esta fórmula só está prevista para xogos nun estado de desenvolvemento inicial, e cun prezo moi reducido, o que non encaixa con PC Fútbol 8, xogo que insiste en que case está rematado. Insistiu en que en poucos dÃas o xogo verá a luz no seu estado actual, con numerosos fallos que arranxar, de xeito que tras unhas semanas de depuración e optimización poderá estar listo para un lanzamento oficial en Steam.
Este xogo inicial só contarÃa con versión en español, inglés, italiano e catalán (está prevista a dobraxe ao galego, pero aÃnda non se realizou).
As cuestións económicas
Preguntado sobre o escándalo que xurdiu en redes sobre o método de contratación empregado para o equipo de desenvolvedores despois de que un desenvolvedor junior afirmase que cobraba 200 euros/mes por unha xornada de 40 horas semanais, Héctor Prats asegurou que todos os desenvolvedores eran traballadores autónomos, e que as súas remuneracións eran acordes ás do seu paÃs (Arxentina), cobrando os desenvolvedores actuais cantidades que estarÃan entre os 400 e os 1.000 euros (apuntando que actualmente en Arxentina pode manterse unha familia enteira con 500 euros/mes).
Tamén apuntou que até o momento tiña investido no xogo preto de 130 mil euros, principalmente destinados a salarios e provenientes de fondos de seu, polo que confÃa seriamente no proxecto para poder recuperar parte do seu desenvolvemento, polo que láiase da divulgación de información que lixa a imaxe de PC Fútbol 8, provocando a cancelación de compras anticipadas e facendo fuxir a futuros compradores dun tÃtulo que principalmente busca recuperar unha marca polo que tantos senten nostalxia.