O novo cargador sen fÃos de IKEA quere ser invisible
luns, 20 de setembro do 2021
A cadea de tendas IKEA conta cun coidado catálogo de
produtos destinados á carga sen fÃos de smartphones, procurando que esteticamente
poidan casar coa decoración para converterse nunha parte máis do mobiliario, algo
que terÃan levado a un nivel superior co cargador
Sjömärke, que veñen de incorporar á tenda en liña estadounidense da marca a un
prezo de 39,99 dólares (o
prezo europeo serÃa de 34,99 euros), e que sorprenderÃa por poder
instalarse directamente na parte inferior dunha mesa ou estante, de xeito que a
carga atravesarÃa tal superficie mantendo o cargador oculto.
Até o momento os cargadores sen fÃos de IKEA buscaban ser discretos e disfrazarse
de elementos do fogar, pero co Sjömärke o cargador busca ser invisible,
agochándose tras superficies de entre 0,8 e 2,2 centÃmetros de grosor que non sexan de metal, como poderÃan ser
escritorios, mesas de dormitorio ou outros elementos sobre os que apoiar os
nosos dispositivos compatibles con carga por indución para recargarse sen ter o
cargador á vista.
O novo cargador sen fÃos debe conectarse a corrente co seu propio cable, e
inclúe cinta adhesiva de dobre cara para facer doada a súa instalación. O
cargador Sjömärke pode ofrecer carga a até 19 watts, aÃnda que podemos entender
que o grosor da superficie na que se instale afectará seriamente á velocidade
de carga, polo que parece pensado para superficies nos que vaia deixarse o
dispositivo a cargar durante bastantes horas seguidas.
VÃdeo no que podemos ver o procedemento de instalación do novo cargador de IKEA