O modelo galego de acreditación de competencias TIC estrearase chegando a 140.000 persoas
mércores, 1 de febreiro do 2023
Arredor
dun total de 140.000 persoas, entre alumnado, profesorado e persoas
adultas, vanse beneficiar da primeira fase do sistema de acreditación
de competencias dixitais no eido educativo que a Xunta de Galicia vai
implantar de xeito pioneiro, no marco da Estratexia de Educación
Dixital 2030, o documento de accións coordinadas para a
transformación tecnolóxica do ensino e o perfeccionamento das
competencias necesarias na sociedade actual.
Con
motivo da xornada Avanzando
na dixitalización do sistema educativo,
que reúne en Santiago a preto dun milleiro de persoas integrantes
dos equipos directivos de colexios e institutos, o conselleiro de
Cultura, Educación, FP e Universidades, Román RodrÃguez, presentou
as liñas básicas desta iniciativa: o
procedemento permitirá acreditar o grao de adquisición de
competencias tecnolóxicas e mellorar o acceso ao mercado laboral.
A competencia dixital estrutúrase en cinco grandes áreas
(Información e datos, Comunicación e colaboración, Creación de
contido dixital, Seguridade e privacidade e Contorna dixital e
solución de problemas).
Na
súa primeira fase de desenvolvemento entre este curso e o vindeiro
2023-24, estÃmase que este procedemento chegará a uns 140.000
galegos: 100.000 estudantes, 31.000 docentes e 7.000 persoas adultas.
No
caso do alumnado, a acreditación está integrada por 21 competencias
que se poderán certificar en catro niveis diferentes: iniciación,
intermedio, avanzado e especializado. Esta farase, por un lado, coa
validación de oficio no momento de rematar os estudos ou ben a
través da superación dunha proba especÃfica.
No
que atinxe ao profesorado, establécense cinco vÃas de acreditación:
formación do profesorado e do recoñecemento de roles e funcións
para os niveis avanzados, recoñecemento de tÃtulos universitarios,
proba acreditativa, observación do desenvolvemento profesional e
aplicación de rúbricas e presentación e avaliación de evidencias
e méritos mediante convocatorias ad
hoc.
Finalmente,
no que atinxe á acreditación de competencias dixitais para adultos,
trabállase na creación da Rede Galega de Educación Dixital nas
ensinanzas de Adultos. Asà mesmo, levarase a cabo formación
especÃfica nas ensinanzas orientadas a maiores de 55 anos con baixo
nivel de cualificación, atendendo especialmente á fenda de xénero,
a poboación vulnerable e as zonas rurais.
A
acreditación de competencias dixitais é unha das accións de
impacto definidas na Estratexia Educación Dixital 2030, dotada cun
investimento inicial de 120M€ para os tres primeiros anos de
implantación, enfocadas a unha maior presenza da educación dixital
nas aulas co fin de acadar a cidadanÃa dixital plena, a fomentar
contextos hÃbridos de ensino-aprendizaxe e abordar o reto
demográfico, entre outros.