O foro Energy Days abre este martes as súas portas na Cidade da Cultura
martes, 8 de outubro do 2024
Máis de 600 profesionais en materia de enerxÃa, industria e dixitalización participan nos Energy Days, un foro de debate organizado pola Agrupación industrial de EnerxÃas Renovables de Galicia (CLUERGAL) que terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago do martes 8 ao xoves 10 de outubro. Un encontro que será inaugurado este martes 8 de outubro, ás 9.30 horas, polo presidente de CLUERGAL, José Ramón Franco, e polo director xeneral de Planificación Enerxética e Minas da Xunta de Galicia, Pablo Fernández Vila.
A eficiencia enerxética será a gran protagonista da xornada do martes, onde se analizarán casos de éxito na industria galega en materia de descarbonización, monitoraxe enerxética, refrixerantes ecolóxicos ou aforro enerxético. Entre eles, mención especial a como a eficiencia enerxética foi o piar sobre o que ha pivotado a transformación industrial do complexo de Repsol da Coruña, presentado por LuÃs Pita, técnico de Planificación e Análise en Repsol A Coruña e responsábel do seu sistema de xestión enerxética.
EnerxÃas renovábeis para autoconsumo, comunidades enerxéticas industriais e certificados de aforro enerxético serán os temas de debate das outras dúas sesións de mañá na primeira xornada dos Energy Days. Para a tarde analizarase a sustentabilidade enerxética na industria e a mobilidade eléctrica e infraestrutura de recarga dos vehÃculos eléctricos.