O adestramento de Llama 4 precisará 10 veces máis potencia que Llama 3

xoves, 1 de agosto do 2024 Marcus Fernández

Durante a presentación dos resultados trimestrais de Meta, Mark Zuckerberg non só deixou claro que queren seguir nas primeiras posicións do mercado da intelixencia artificial, senón que que tamén avanza que o investimento que terán que facer será notable, se queren non quedar atrás.
Zuckerberg detalle que «a capacidade de computación precisa para adestrar Llama 4 será preto de 10 veces maior que a que empregamos para Llama 3, e os modelos futuros continuarán a medrar máis aló diso», declaracións que deixan claro que estamos ante unha competición moi dura, na que só unhas poucas compañías poderán aguantar por ser «difícil predicir como será dentro de varias xeracións».
Meta lanzara o seu modelo Llama 3 con 80.000 millóns de parámetros en abril, e a súa versión actualizada a semana pasada xa manexa 405.000 millóns de parámetros, deixando claro que estamos ante unha evolución moi rápida desta tecnoloxía, que supón investimentos titánicos cuns retornos a moi longo prazo. Falamos de que no segundo trimestre de 2024 Meta gastou en adestramentos de IA uns 8.500 millóns de dólares, o que supón un incremento interanual de preto do 33%, dado os investimentos que teñen que facer en servidores, centros de datos e infraestrutura de rede.