O Realme C67 chega a un prezo que parte dos 159,99 euros
mércores, 7 de febreiro do 2024
Dende Realme queren deixar claro que os móbiles económicos son cada vez máis capaces, e traen ao mercado español o novo Realme C67 a un prezo moi agresivo na súa promoción de lanzamento a través da que é posible adquirir a versión con 128 GB de almacenamento por 159,99 euros, mentres que por 199 euros podemos conseguir a versión con 256 GB.
O Realme C67 é un móbil de elegante deseño (cun grosor de só 7,59 milÃmetros), que chega cun procesador Qualcomm Snapdragon 685, 8 GB de RAM, pantalla de 6,72 polgadas cun refresco de 90 Hz e un brillo de até 950 nits, altofalantes estéreo, cámara traseira cun sensor principal de 108 MpÃxeles que integra un teleobxectivo de 3x, unha baterÃa de 5.000 mAh con carga rápida de 33 watts e resistencia IP54.
Como curiosidade, a súa cámara frontal de 8 MpÃxeles está adornada cun clara copia da illa dinámica de Apple, chamada Mini Capsule 2.0, que facilitan a interacción coas notificacións. Tamén conta con NFC, conector para auriculares, lector de impresións dixitais lateral e rañura para 2 tarxetas SIM e unha microSD de até 2 TB.
Temos asà un dispositivo sumamente completo, pero cunha importante carencia: non ten conectividade 5G.
- O Realme C67 destaca polo seu deseño elegante e completas prestacións a un prezo axustado