O MUVI intégrase no Sistema galego de centros museÃsticos
martes, 29 de outubro do 2024
O Consello da Xunta de Galicia acordou a inserción do Museo do Videoxogo (MUVI) no Sistema galego de centros museÃsticos (composto por 68 museos e 20 coleccións) por diversas razóns, entre as que destacan o feito de ser o primeiro relacionado co mundo do videoxogo en Galicia e dos poucos existentes en España.
Para verificar o cumprimento dos requisitos esixidos para formar parte desta rede, o Museo do Videoxogo (MUVI), entidade canguesa creada en 2020 pola Fundación Museo do Videoxogo de Galicia, recibiu unha visita técnica o pasado 26 de setembro.
- Os videoxogos galegos tamén teñen o seu espazo no MUVI
A colección do MUVI alberga un total de 2.256 xogos, 300 deles de fondo galego, e máis de 400 elementos de hardware e dispositivos, cos cales se dá difusión á historia deste eido temático pondo en valor o desenvolvemento do sector en Galicia, achegando ao público o sector do videoxogo desde a perspectiva da expresión artÃstica e cultural, asà como unha ferramenta educativa, lúdica, interactiva e saudable.
O convenio asinado polo Consello da Xunta reflicte o compromiso da ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude con iniciativas culturais que promoven a transmisión de información de interese para a sociedade e a preservación de material histórico.
O organismo avaliado conta cun plan museolóxico en que se reflicten as áreas funcionais básicas necesarias para o funcionamento da institución.
Estas áreas son: documentación e conservación; difusión e comunicación, e administración, e coordinadas entre si desenvolven as súas liñas programáticas. Deste xeito, esta entidade cumpre coas caracterÃsticas necesarias para acadar a categorÃa de centro museÃstico.
A integración do MUVI no Sistema galego de centros museÃsticos permitiralle acceder a liñas de axudas públicas, asesoramento técnico e potenciación da súa divulgación no Portal de museos de Galicia, establecer relacións con outras entidades e coleccións, participar en accións formativas e ter prioridade noutras propostas colaborativas ou actividades itinerantes promovidas pola Xunta.
- Os fundadores do MUVI, Jacobo e Galo MartÃnez, tras a gala de entrega dos Premios da CrÃtica de Galicia, na que o Museo resultou finalista na categorÃa de Cultura Dixital