O Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros avanza no eido da ciberseguridade
mércores, 12 de xuño do 2024
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e o xefe de área de Infraestruturas e seguridade de AMTEGA, Adrián Lence, nunha xuntanza de traballo mantida nas instalacións do Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros, en Ourense, acordaron que contará cun espazo de alta especialización en ciberseguridade (dotado coas últimas tecnoloxÃas e o equipamento necesario para conseguir a máis alta formación e especialización do profesorado e a xeración de proxectos de I+D+i que sexan de transferencia directa a empresas e institucións).
Deste xeito buscan sinerxÃas neste eido, que constitúe un dos obxectivos estratéxicos tanto das administracións como das empresas. Precisamente, o Centro Eduardo Barreiros ten entre as súas funcións o desenvolvemento da investigación aplicada e a transferencia dos resultados dos proxectos ao resto dos centros de Formación Profesional e ao conxunto dos sectores produtivos.
O seu obxectivo primordial é protexer os sistemas tecnolóxicos e os datos privados contidos nos mesmos fronte a calquera tipo de ameaza. Por esta razón, hoxe en dÃa, o papel que desempeña a ciberseguridade na sociedade é sumamente relevante xa que achega ferramentas e mecanismos que permiten aumentar a confianza e seguridade no ámbito dixital, retador, global e interconectado actual.
Para o vindeiro curso 2024-2025, a oferta de Formación Profesional inclúe 14 mestrados de FP en materia de ciberseguridade, nove en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxÃas da información e cinco en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxÃas da operación. Isto supón un reforzo da oferta coa ampliación de 190 prazas máis neste eido, o que representa un incremento do 135,71 % con respecto ao presente curso.