Artigos desta sección
Eganet pon en marcha un plan para ceibar de atrancos o afianzamento das TIC
A Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet (Eganet) vén de afianzar o seu compromiso a prol da divulgación tecnolóxica no tecido económico galego. E faino a través do seu Plan Impacto, unha iniciativa cofinanciada pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e que se dirixe a loitar contra os atrancos das novas redes no eido das pequenas e medianas (...)
Ler máisCelanova convoca un concurso de fotografía dixital sobre o Ano Xubilar de San Rosendo
A Rede vaille ben ós certames creativos de calquera índole e, a maiores, á creación mesma. Alén de que tamén é certo que deixa máis marxe para o plaxio e o emprego non solicitado de textos, imaxes e vídeos alleos, acurta a distancia entre o autor e os destinatarios. Ou sexa: que sempre haberá alguén ó que mostrarlle algo. Isto é en parte o que latexa embaixo do (...)
Ler máisA Rede mobilízase a prol do apagón colectivo deste xoves 15 fronte ó cambio climático
O cambio climático xeralizado hai tempo que non é motivo de brincadeiras. As poucas dúbidas que ficaban ó respecto vanse disipando tan rápido coma os ceos anubrados en Galiza ó longo deste outono. Se hai que facer algo e ese “algo” está claro que o temos que facer entre todos, que sexa xa. Este é precisamente o chamamento da mobilización convocada principalmente (...)
Ler máisA Estación Fitopatolóxica de Areeiro organiza en catro cidades galegas outras tantas mostras interactivas
A Semana da Ciencia 2007 en Galiza segue a subir chanzos e faino nalgúns casos poñendo ó espectador ou visitante das actividades a mover os fíos do que ten diante. Algo así como converter a vida en algo virtual, e viceversa. Neste senso, un dos puntos do programa que máis relación teñen con esta mestura de mundos e realidades é o dos eventos organizados pola (...)
Ler máisEstréase o Android SDK cun concurso de aplicacións para móbiles
Google xa estreou o kit de desenvolvemento de software para a plataforma Android, que quere entrar con forza nos terminais de telefonía móbil e que xa conta con versión para Windows, Mac OS X e Linux, e mesmo conta cun engadido para o contorno de desenvolvemento Eclipse. O SDK de Android xa se pode descargar, e para fomentalo crean o concurso Android (...)
Ler máisA Federación Galega de Comercio distribúe dous CD-ROM con guías para unha boa xestión nas empresas
A Federación Galega de Comercio segue adiante achegando material para a formación continua dos profesionais galegos. A entidade, que presentou estes novos contidos en formato CD-ROM (dous), contribúe a esta tarefa procurando cubrir dous obxectivos a través dun único movemento: o simplemente formativo e o formativo dende o punto de vista tecnolóxico. É dicir: (...)
Ler máisJavier Vázquez e Enrique Dans achegan claves para o futuro das empresas en Internet... e grazas a Internet
O Centro Social Caixanova acolleu este luns 12 un encontro encamiñado a dar cos mellores pasos a seguir nunha empresa en materia de innovación, e sobre todo se o que temos entre mans é un posto de responsabilidade. O encontro, organizado pola Asociación de Xóvenes Empresarios de Galicia (AJE Vigo), contou coa presenza de Javier Vázquez (da firma Igalia) e de (...)
Ler máisA Dirección Xeral de I+D experimenta na Semana da Ciencia 2007 con xeitos de comunicar 2.0
Houbo un tempo en que os científicos daban a coñecer os seus achados nos mesmos escenarios cós artistas ambulantes. Certo é que a liña que afastaba o valioso do mero espectáculo era máis fina, pero o que se perdía nesa delimitación de espazos gañábase en inmediatez, inventiva e reclamo. Algo de recuperar este espírito hai nesta nova convocatoria da Semana da (...)
Ler máisO bus da Rede comeza a súa andaina por 25 localidades da provincia de Lugo
Segue adiante o bus da Sociedade da Información de AGESTIC e ASAJA por terras galegas, levando ós recantos do rural a seguinte mensaxe: estarmos conectados á Rede ten importantes vantaxes para a formación persoal, a comunicación e, tamén, para a competitividade das nosas empresas. O vehículo, tamén chamado BUSSI, comezou este luns un itinerario por 25 (...)
Ler máisLa 2 estrea o programa Cámara abierta 2.0
La 2 de Televisión Española estrea hoxe á noite o programa Cámara abierta 2.0 que segundo os responsables da canle televisiva é «o primeiro programa dedicado á Internet como plataforma de información, creación e comunicación» e que se emitirá de luns a mércores explorando a linguaxe imposta no século XXI, que transformou as relacións humanas. O novo programa (...)
Ler máis0 | ... | 40060 | 40070 | 40080 | 40090 | 40100 | 40110 | 40120 | 40130 | 40140 | ... | 42340