Nova estación de conexión Thunderbolt 5
luns, 19 de maio do 2025
Other World Computing (OWC), un dos grandes referentes en solucións de alto rendemento para almacenamento, memoria e conectividade, vén de anunciar o lanzamento e do novo Thunderbolt 5 Dock. Esta estación de conexión está deseñada para dar resposta ás necesidades de profesionais creativos e usuarios esixentes, ofrecendo unha solución integral que permite ampliar o rendemento e a produtividade de calquera espazo de traballo tirando proveito das capacidades de conexión da tecnoloxÃa Thunderbolt 5, presente especialmente na equipos informáticos de Apple orientados ao público profesional.
O Thunderbolt 5 Dock destaca pola súa velocidade de transferencia bidireccional de ata 80 Gb/s, que pode chegar aos 120 Gb/s cando se require maior largo de banda visual. Isto tradúcese na posibilidade de conectar ata tres pantallas 8K ou dúas pantallas 6K en equipos Mac, garantindo unha experiencia visual fluÃda e nÃtida. A súa compatibilidade abrangue dispositivos Thunderbolt 5, 4, 3, USB4 e USB-C, polo que funciona tanto con equipos actuais con tecnoloxÃas anteriores.
Este novo dispositivo permite tamén cargar portátiles esixentes grazas á súa capacidade para entregar ata 140 watts de potencia, mantendo a seguridade dos equipos conectados. Ademais, soporta múltiples cadeas de dispositivos conectadas en paralelo, sen interrupcións na transferencia de datos nin na estabilidade do sistema.
O Thunderbolt 5 Dock integra 11 portos pensados para responder aos fluxos de traballo máis complexos: 3 portos Thunderbolt 5 (USB-C), 2 USB-A de alta velocidade, outro USB-A estándar, conexión Ethernet a 2,5 Gbps, lectores para tarxetas microSD e SD UHS-II, e saÃda de audio de 3,5 m.
Tamén está pensado para ofrecer unha solución profesional a usuarios de tabletas USB-C, como o iPad Pro. Cun só cable é posible transformar estes dispositivos en auténticas estacións de traballo, permitindo conectar pantallas, discos, teclados ou outros periféricos.
O produto estará dispoñible en reserva a un prezo de 329,99 dólares. Inclúe un cable certificado Thunderbolt 5 e fonte de alimentación externa, estando previstos os primeiros envÃos para principios de xullo.
- O novo produto de OWC permite ampliar a conectividade de equipos con Thunderbolt 5