Nova cámara de vÃdeo 3D Full HD para o mercado doméstico
xoves, 20 de outubro do 2011
As 3D
están a popularizarse a través do cine, os videoxogos e mesmo algúns móbiles,
pero no ámbito doméstico continúa a estar pouco presente, o que dispositivos
como a cámara de
vÃdeo DXG-5F9V contribúen a mudar, xa que permite gravar vÃdeo
estereoscópico a 1.080p sen precisar de lentes na gravación e reprodución dos
filmes e incluso podendo mudar o modo de gravación a 720p para poder rexistrar
secuencias de acción a 60 cadros por segundo (o dobre que o modo de gravación Full
HD). A cámara tamén toma fotografÃas a 5 MpÃxeles e destaca especialmente por conter o seu prezo
en 299,99 dólares (217,79 euros).
A cámara conta con 128 Mbytes de memoria interna, podendo gravar vÃdeo en tarxetas SDHC de ata
32 Gb en formato AVi ou H.264, amosando vÃdeo na súa pantalla 3D sen lentes de
2,3 polgadas cunha resolución de 320 x 480 pÃxeles), cun porto USB 2.0 para
comunicarse co PC e con saÃdas de vÃdeo tanto para televisores con definición
estándar ata HDMI.
Cómpre destacar que non estamos ante un produto de alta gama, o que resulta
evidente ao ver que carece de zoom óptico, contando só cun zoom dixital de 10x
ao gravar vÃdeo en 2D (en 3D non estarÃa dispoñible). Tamén dá a impresión de que estamos ante unha versión da videocámara SPEED FX-H10 3D, que pode conseguirse a través de tendas chinesas en liña por pouco máis de 180 euros.