Metal Slug Tactics verá a luz o 5 de novembro
martes, 22 de outubro do 2024
A serie de xogos Metal Slug causou sensación nos salóns recreativos converténdose no run and gun de referencia de Neo-Geo, e aÃnda que posteriormente se adaptou a consolas, ordenadores e móbiles conservando as súas mecánicas, tamén inspirou entregas con mecánicas diferentes, como a que vai chegar o vindeiro 5 de novembro: Metal Slug Tactics.
Falamos dun xogo de rol táctico que colle a estética de Metal Slug e introdúcea nun contorno de enfrontamentos tácticos con toques de roguelite, cun acompañamento musical tamén inspirado na serie de xogos orixinal.
O xogo, con gráficos pixelados, é un alarde de variedade, con 110 mapas feitos a man, 20 tipos de misións, 36 armas diferentes (con 176 modificacións) e 9 personaxes icónicos de Metal Slug.
Un tÃtulo que, se ben non coincide en xénero cos Metal Slug clásicos, poderá cativar aos seus seareiros coa súa estética nostálxica nas súas versións para PC (Steam), Nintendo Switch, consolas PlayStation e consolas Xbox.
Tráiler co anuncio da data de lanzamento de Metal Slug Tactics