Mando a distancia universal que apaga totalmente o televisor
luns, 26 de maio do 2008
Nos últimos meses
moitos son os avisos que se ven nos medios promovendo o aforro enerxético,
entre outras cousas, evitando deixar os nosos electrodomésticos en espera,
apagándoos por completo mediante o seu botón de acendido e non co mando a
distancia, pero One for All quixo atender a este problema cun novo modelo de
mando a distancia universal, o Energy
Saver, que inclúe un botón para acender e apagar un adaptador de
corrente ao que podemos enchufar unha regleta para o televisor, o DVD e outros
dispositivos que desexemos que non desaproveiten enerxÃa cando non os usemos (o
único dispositivo que farÃa tal serÃa o propio adaptador de corrente). Parece
asà unha interesante solución que permite combinar a comodidade do mando a
distancia co aforro enerxético.
- Esquema de uso do Energy Saver
O mando a distancia de One for All é compatible cunhas 1.300 marcas, permite actualizacións
pola Internet, pode aprender doutros
mandos a distancia, funciona con 2 pilas AA e se
vende a 39,99 euros.