KISS transfórmase nunha banda virtual

luns, 4 de decembro do 2023 Marcus Fernández

A pasada fin de semana a banda estadounidense KISS despediuse dos escenarios no Madison Square Garden cunha grande sorpresa, que que como peche do concerto do sábado os espectadores puideron ver a canción God Gave Rock And Roll To You interpretada por novos avatares dixitais no que pretenden que sexa unha mostra da nova era da formación que leva máis de 50 anos de carreira, e que despídese do mundo físico para abrir ao mundo dixital.
Os avatares que puideron verse no escenario, pese a terse desenvolvido mediante tecnoloxía de captura de movemento, non buscaban replicar fielmente aos integrantes actuais da banda, senón que tiraban da fantasía para representalos como superheroes para darlles unha imaxe inmortal, aínda que no futuro poderase aproveitar todo este traballo para actuacións virtuais no futuro.
A tecnoloxía empregada por KISS achegouna Pophouse Entertainment Group, compañía sueca que foi a que fixo posibles os concertos holográficos de ABBA en Londres, mentres que para a creación dos avatares de KISS contaron con Industrial Light & Magic (ILM), división de Lucasfilm dedicada aos efectos visuais.
Queda agora por ver se no futuro veremos concertos holográficos de KISS, ou optarán por actuacións máis virtuais, sendo a principal crítica a esta aposta da banda ao feito de cinguirse aos compoñentes actuais, son contar cos seus integrantes clásicos.

Vídeo no que KISS anuncia a súa nova era