Ideaspropias Editorial gaña o premio á Mellor Comunicación en Expoelearning
luns, 27 de marzo do 2023
A
editorial
galega Ideaspropias
foi recoñecida co premio Expoelearning na categoría Mellor
Comunicación
polo
“seu destacado labor
na difusión do propio evento”. Este galardón, outorgado polo
comité organizador, recoñece a excelencia na xestión e promoción
de eventos e actividades relacionadas coa educación en liña.
"Este
premio é un gran recoñecemento ao noso esforzo e dedicación na
promoción da educación en liña", afirma Pedro López,
director xeral de Ideaspropias Editorial, engadindo
que
"estamos
moi agradecidos por este galardón e seguiremos traballando duro para
continuar mellorando a nosa labor na difusión de eventos como
Expoelearning".
Expoelearning
é unha das feiras máis importantes no ámbito da educación e
formación en España, e reúne a expertos, profesionais e empresas
do sector. A edición deste ano levouse a cabo os días 23 e 24 de
marzo en IFEMA, dentro da Semana da Educación, e contou coa presenza
de destacados poñentes e expositores.
Con
este premio, Ideaspropias Editorial reafirma o seu compromiso coa
promoción e difusión da formación en liña e consolídase, nas
súas palabras,
“como unha das empresas líder en contidos de formación para o
emprego e servizos elearning”.