HMD poderÃa recuperar o deseño do Lumia 920
xoves, 13 de xuño do 2024
Nos últimos anos puidemos ver como HMD Global recuperaba clásicos modelos de móbiles de Nokia, renovando as súas prestacións para que fosen compatibles coas redes de telefonÃa actuais, e agora fÃltrase que poderÃan facer o mesmo cun terminal que no seu dÃa saÃu á venda con Windows Phone 8, e que agora relanzarÃan con Android: o Nokia Lumia 920.
O novo smartphone coñecerÃase como HMD Skyline (aÃnda que internamente estarÃan a chamalo HMD Tomcat), e comentan que manterÃa o deseño robusto do Lumia 920, pero que as súas especificacións serÃan bastante interesantes, xa que falamos dun móbil con pantalla AMOLED Full HD+ cunha velocidade de refresco de 120 Hz, procesador Qualcomm Snapdragon 7s Gen 2, 8/12 GB de RAM, 256 GB de almacenamento interno, cámara traseira tripla cun sensor principal de 108 MpÃxeles, cámara frontal de 32 MpÃxeles, baterÃa de 4.900 mAh con carga rápida de 33 watts e sistema operativo Android 14. A filtración incluso apuntarÃa que o modelo con 8 GB de RAM custarÃa 400 euros e con 12 GB de RAM subirÃa ata os 440 euros.
O máis interesante deste dispositivo non serÃa o reclamo nostálxico (pois non prece que queiran simular de ningún xeito o clásico da serie Lumia) senón o feito de que estamos ante un formato de móbiles que pasou de moda, impoñéndose os terminais moi delgados con cámaras prominentes que practicamente obrigan ao uso de fundas protectoras, mentres que un formato máis robusto poderÃa ter o seu público, o que posiblemente poderemos comprobar en breve.