Gucci venderá lentes 3D de luxo
martes, 2 de novembro do 2010
En moitas salas
de cine poden adquirirse por 1 euro uns lentes de plástico válidos para o
visionado de pelÃculas en 3D, pero en vista de que ese accesorio poida parecer
un ridÃculo xoguete, dende Gucci sorprenden anunciando que no mes de
decembro van pór á venda nos EE.UU. uns lentes 3D cun deseño coidado a un prezo
de 225 dólares (160,42 euros), todo un luxo para as proxeccións estereoscópicas
nas que os máis desprendidos poderán estar á última moda.
Estes lentes unisex de Gucci teñen un deseño retro, propio dos anos 80, e levan unha liña propia dos lentes de
sol ás salas cinematográficas, onde Os Resentidos poderÃan dicir sen ningún
pudor que «fai un sol de carallo».
Os lentes modelo 3DV 001 GUC, con seu deseño de aviador, cobren o ollo o suficiente
como para ser uns lentes de sol axeitados, teñen un recubrimento de
espello de varias capas e permiten pasar
o 98% da luz visible, de xeito que non afectarÃan á experiencia de
visualización de pelÃculas 3D.