Gradiant obtivo en 2023 uns ingresos de 13 millóns de euros, un 53% máis que en 2022
xoves, 1 de agosto do 2024
O Centro Tecnolóxico Gradiant pechou o ano 2023 cuns ingresos de 13 millóns de euros, o que supón un incremento do 53 por cento con respecto aos resultados alcanzados en 2022, segundo fixo saber o centro vigués no seu balance de 2023, onde se engade que “da cifra total de ingresos, unha cuarta parte proviñeron directamente de licenzas de tecnoloxía e venda de propiedade intelectual”. Este dato, explica o centro, “está moi por riba da media nacional, que se sitúa en 1,2 por cento de ingresos por licenzas de explotación non exclusivas”.
Ademais, ao longo de 2023, o centro captou fondos por valor de máis de 16,6 millóns de euros, dos caes máis de 1,3 millóns procederon de fondos europeos, e conseguiu un total de 10 acordos de licenciamento. O pasado ano desenvolveu un total de 153 proxectos, máis do dobre que en 2023, dos que 89 foron de ámbito nacional, 47 estaban circunscritos a Galicia e 17 de carácter internacional. Do total dos seus clientes, o 70 por cento estaban vinculados o sector TIC e o 63 por cento foron pequenas e medianas empresas (PEMES), mentres que o 37 por cento restante grandes compañías.