Google prepárase para integrar publicidade nas consultas mediante IA
mércores, 21 de maio do 2025
Un dos anuncios que captaron maior atención durante o Google I/O, polo seu posible impacto a longo prazo no xeito de buscar contidos na Rede, é o AI Mode, unha funcionalidade que están a probar nos EE.UU. e que vai un paso máis aló da recente Vista creada con IA, xa que non se limita a un petisco informativo, senón que achega ao usuario buscas máis complexas, longas e multimodais co obxectivo de ofrecer resultados máis útiles, rápidos e completos ao incorporar capacidades avanzadas de razoamento e interacción.
Esta tecnoloxía tamén pode aplicarse directamente á busca de produtos, contando incluso coa opción de que, cando esteamos a probar roupa, o propio sistema sexa quen de simular que levamos postas as prendas que atopamos na web, para que así nos fagamos unha idea de como nos sentará esa roupa antes de adquirila.
E aínda que todo isto pareza ser moi positivo para o usuario e pouco positivo para a propia Google, agochaba un detalle que por fin desvelan: tanto as vistas creadas como IA como o novo AI Mode ofrecerán aos anunciantes solucións de integración publicitaria.
Aínda que este programa publicitario tardará en espallarse globalmente, sitúa ao sector publicitario nunha senda moi perigosa, xa que fai que a meirande parte das impresións publicitarias das buscas realizadas na Rede poidan quedar nas mans de compañías como Google, mentres que os editores que realizan os contidos dos que estes sistemas con IA se alimentan ben como cae o tráfico das súas páxinas web, perdendo os ingresos publicitarios que en moitos casos eran o seu sustento.
Vídeo no que dan conta das novidades relativas á IA amplicada ás buscas