Gigaset presenta un teléfono ideal para pais: o S820
martes, 12 de marzo do 2013
A firma xermana Gigaset
presenta estes días un novo teléfono sen fíos “moi axeitado para os
negocios e o fogar, e tamén para pais que queiran ter a máxima
comunicación cos seus fillos”. Falamos do S820,
un dispositivo híbrido que mestura pantalla táctil e teclado
tradicional, “tirando partido do mellor dos dous mundos”,
en palabras da compañía, que concibe esta conxugación de elementos
como a mellor maneira posíbel de contribuír a que as xeracións que
non son precisamente novas poidan seguir explotando ao máximo as
posibilidades actuais da telefonía por moito que os novos aparellos
teimen en incluír tecnoloxía táctil.
De feito, entre os moitos
xeitos diferentes de cualificar este teléfono por parte da empresa
responsábel, inclúese un que vén moi a conto para quen ande a
buscar un agasallo con motivo da celebración do día 19 de marzo: “O
teléfono ideal para o Día do Pai”.
E dando por sentado que
por ser pais precisamos de tranquilidade e o máximo acougo, o
Gigaset S820 permite, entre outras cousas, “crear listaxes
individualizadas para evitar que chamadas anónimas ou de
determinados contactos nos importunen a certas horas do día ou a
noite”, informa a compañía. Doutra banda, “se non
queremos perdernos as chamadas dos nosos fillos ou algunha
notificación importante, este dispositivo permítenos, mediante uns
poucos clicks, responder as persoas que máis nos interesen”.