Artigos desta sección
Sanyo comercializa unha pequena cámara de vídeo resistente á auga
Coa chegada do verán, moitos son os que queren capturar os seus mellores momentos na praia en vídeo, pero a auga supoña unha barreira perigosa para a tecnoloxía, polo que Sony lanza a súa cámara de vídeo compacta Xacti CA65 que resiste o seu uso baixo a auga a profundidades de ata 1,5 metros e durante 60 minutos consecutivos (debe permanecer en seco cando (...)
Ler máisDixitaliza os teus negativos
Agora que se normalizou o uso de cámaras dixitais, recuperar as vellas fotografías pode supor complicado, especialmente se están gardadas en álbums, polo que o Digital Picture Converter pode ser un periférico moi útil, pois permite dixitalizar fotografías en negativo (de xeito que non temos que desfacer os álbums para gardar os nosas fotos dixitalmente). O (...)
Ler máisChega ó mercado europeo o super-teléfono Toshiba Portege G900
Aínda que nos últimos días pareza que o iPhone é o teléfono máis desexado do mundo, existen alternativas moi atractivas que xa están á venda en Europa e que poden deixar a máis de un coa boca aberta coma o novo Toshiba Portege G900 que inclúe unha abraiante pantalla panorámica cunha resolución de 800 x 480 píxeles (moi superior ós 480 x 320 do iPhone), un scanner (...)
Ler máisPresentan un navegador GPS para zoupóns
Á vista de que algúns navegadores GPS para o coche resultan complicados de manexar, o fabricante estadounidense Maylong lanzou un dispositivo baixo a marca GPS Navigation for Dummies, ou sexa, Navegación GPS para Zoupóns, que pretende ser moi doado de usar. O FD-35 sería o primeiro dispositivo desta gama, contando cunha pantalla de 3,5 polgadas e poden (...)
Ler máisDisco duro externo a xogo co Mac Mini
O deseño do Mac Mini inspirou no seu día a creación dos discos duros externos miniStack, que gardaban as mesmas dimensións, de xeito que eran ideais para o seu uso conxunto, e agora sacan a súa 3ª versión, que se vende en versións de ata 1 Tb de capacidade e que inclúe conectores eSATA, Firewire 800, Firewire 400 e USB 2.0. O miniStack v3 é así compatible tanto (...)
Ler máisPresentan en Corea un navegador GPS con funcións multimedia e karaoke
Os navegadores GPS son uns dispositivos que están a cobrar moito protagonismo no mercado por mor da popularización dos seus prezos, e cada día incorporan máis prestacións como a reprodución multimedia, que permiten tirar máis proveito dos aparellos instalados no automóbil. Pero unha empresa coreana aínda quere incorporar novas características a estes (...)
Ler máisUn controlador tipo arcade para a Nintendo Wii
A consola Nintendo Wii ten un bo mando de xogo que está a causar furor entre tódolos seus usuarios, pero o lanzamento da Virtual Console que permite xogar a vellos videoxogos (entre os que estarían dende matamarcianos ata xogos de loita) inspirou a creación dun controlador máis convencional, pensado para dar unha sensación máis próxima á de xogar nun salón (...)
Ler máisTeclado para persoas con deficiencias visuais
Para atender á demanda dos usuarios con deficiencias visuais unha tenda on-line norteamericana comezou a vender o teclado para ordenador Keys U See, que presenta unhas teclas nas que as letras impresas ocupan o maior espazo posible para mellorar a súa lexibilidade. Non só as letras son máis grandes e gordas, senón que tamén se pode mercar o teclado en 3 cores (...)
Ler máisCargador universal solar
Coa chegada do verán moitos atoparán interesante un dispositivo que están a vender na tenda virtual Brando, pois se trata dun panel solar que funciona coma cargador universal para móbiles e outros tipos de trebellos electrónicos (inclúe varios adaptadores entre os que está mesmo un porto (...)
Ler máisEste verán porase á venda o orixinal Chumby
Tras un ano de desenvolvemento parece que o pequeno dispositivo Wi-Fi coñecido coma Chumby podería converterse nunha realidade, pois os seus promotores anuncian que este verán se porá á venda. O Chumby é un trebello baseado en Linux que funciona cun procesador ARM a 350 MHz, inclúe 32 Mb de SDRAM, 64 Mb de Nand Flash ROM, ten unha pantalla táctil LCD de 3,5 (...)
Ler máis0 | ... | 6200 | 6210 | 6220 | 6230 | 6240 | 6250 | 6260 | 6270 | 6280 | ... | 6400