Fortnite volve á App Store estadounidense
martes, 20 de maio do 2025
O verán pasado Epic Games estreou tenda de aplicación para móbiles, co que conseguiron que Fortnite volvese ao iPhone en Europa, aÃnda que sexa con certas molestias para os usuarios, mentres que nos EE.UU. o xogo permanecÃa ausente en iOS, o que entendÃan que mudaba coa última resolución xudicial contra Apple.
A cousa non resultou tan doada como se entendÃa, e Apple puxo atrancos para tal retorno á App Store estadounidense, levando a que Epic recorrese de novo aos tribunais, que fixaron unha vista para o vindeiro venres, o que parece ter acelerado as reaccións de Apple, que finalmente deu o brazo a torcer, e por fin Fortnite está de regreso na App Store de EE.UU., tras preto de 5 anos de ausencia.
O xogo está dispoñible para iPhone e para iPad, e evita que os usuarios teñan que realizar pagamentos a través da App Store (ofrecendo unha alternativa opcional), algo ao que Apple se opoñÃa firmemente, pero que a Xustiza considerou que era un abuso de posición dominante.
Queda agora agardar para ver como remata esta historia, porque o que non parece razoable é que haxa polÃticas de publicación tan dispares entre territorios, cando a presión lexislativa está a producirse en varios paÃses precisamente para forzar ás grandes tendas de aplicacións a cesar nos seus abusos de posición dominante.