Este sábado celébrase en Lugo a gala dos primeiros Premios Dalle Like

mércores, 13 de maio do 2026 S. P.

A primeira edición dos Premios Dalle Like Galinfluencers celebrarase o 16 de maio de 2026 no Círculo das Artes de Lugo, entre as 20.00 e as 23.00 horas. Esta gala está dirixida a “reivindicar o talento galego nas redes sociais” e terá un formato e unha temática de romaría tradicional, con actuacións de Lucía Pérez e contando cunha festa posterior no Versus XL con DJ Kike Varela. Intervirán artistas internacionais e haberá postos gastronómicos.
O obxectivo do certame, que inclúe votacións abertas na Rede a través da web de seu, é “recoñecer a creadores de contido, proxectos e marcas galegas”.
A gala será un evento benéfico, no que se recadarán fondos para a Protectora de Animais de Lugo.
O certame ten o apoio de institucións como a Deputación de Lugo, que achega 3.000 euros para o seu desenvolvemento e o seu impulso.
O certame tamén conta co apoio da Secretaría Xeral da Lingua que dirixe Valentín García, e máis da Consellería de Medio Rural.
Como dixemos, os Premios Dalle Like, que veñen con 10 categorías, buscan recoñecer o talento galego no ámbito dixital e das redes sociais.