Entra na recta final o prazo para participar no programa Tech Angels do Clúster TIC
martes, 5 de decembro do 2023
- Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia
O
venres 15 de decembro conclúe o prazo de recepción de candidaturas
para participar na
primeira edición do programa Tech Angels do Clúster TIC
Galicia. Trátase, en palabras da agrupación empresarial galega
que preside Antonio Rodríguez del Corral, “dunha pioneira
iniciativa, posta en marcha a través dun convenio coa AMTEGA e o
IGAPE que permitirá a emprendedores e startups de calquera
sector produtivo acceder a tecnoloxías complexas, como a
Intelixencia Artificial, e ao expertise de socios da entidade,
que actuarán, precisamente, como Tech Angels”.
O
obxectivo deste “programa de first dates para
emprendedores”, en palabras do Clúster TIC, é brindarlles o
impulso necesario para acelerar e optimizar os seus modelos de
negocio mediante a incorporación de solucións tecnolóxicas
avanzadas que se aliñen coas súas necesidades específicas, dende
software a hardware, pasando por aplicacións, plataformas dixitais e
calquera ferramenta que poida contribuír a potenciar os seus
proxectos.
Vindeiros
pasos
Unha
vez rematada a fase de inscrición de solicitudes, revisaranse as
propostas presentadas e realizarase unha preselección, en base a
criterios de calidade, orientación ao mercado e/ou nivel de madurez.
As que cumpran os requisitos de participación, daranse a coñecer,
como moi tarde, o 9 de xaneiro.
Logo
desenvolveranse dous obradoiros de asesoramento en modalidade híbrida
(telemática e presencial) para guiar ás startups e
emprendedores na elaboración das súas presentacións ante os socios
do Clúster TIC Galicia, que terán a posibilidade de actuar como
Tech Angels destas candidaturas.
A
partir de aquí, formalizarase unha alianza estratéxica entre ideas
empresariais e líderes tecnolóxicos que comprenden a complexidade
que supón a adaptación e transformación dixital no mundo dos
negocios. Ademais de aportar o seu coñecemento, experiencia e de
exercer como guías en cada paso do proceso, os Tech Angels
ofreceranlles asesoramento e a posibilidade de ampliar a súa
rede de contactos.
“Baixo
a súa tutela experta e o apoio continuo”, explica o Clúster TIC,
“os emprendedores e startups estarán equipados para navegar
con destreza polo ecosistema dixital, capitalizando as súas
innovacións para manterse á vangarda nun contexto de continua
evolución tecnolóxica”.
Máis
aló dun impulso inicial, o programa establece un compromiso
duradeiro, onde o Tech Angels segue involucrado cos negocios,
asegurando que a medida que crezan e evolucionen, adaptará as
solucións tecnolóxicas para garantir a súa innovación constante.
Con
esta iniciativa, o Clúster TIC Galicia busca consolidar o tecido
emprendedor tecnolóxico galego, con especial énfase en promover a
integración, desenvolvemento e crecemento de startups no
ecosistema dixital galego, garantindo así a súa evolución
constante, adaptada ás necesidades actuais.