Endesa presta axuda TIC ás nosas empresas rurais
luns, 14 de decembro do 2020
Endesa
pon en marcha un plan para axudar ás pemes
do mundo rural, de maneira que estas poidan desenvolver solucións de
comercio electrónico e afianzar os seus negocios tras a crise
económica e sanitaria marcada pola COVID–19. O acordo foi aprobado
hoxe polo director
executivo (CEO) de
Endesa, José Bogas, e Carmen Quintanilla, presidenta de AFAMMER
(Confederación de Federacións e Asociacións de Familias e Mulleres
do mundo Rural).
A
iniciativa busca axudar ás pemes
a adaptarse tecnoloxicamente
ás novas formas de comercio. De este xeito, o
Plan de Responsabilidade de
Endesa inviste na formación e en axudas concretas en territorios
como Galicia, Aragón, Madrid, Estremadura, Andalucía, Cataluña,
Canarias e Baleares.
O
proxecto conta con dúas fases. A primeira consiste en participar nos
webinar e nas clases en liña producidas por Endesa e AFAMMER,
co fin de deseñar e desenvolver as competencias dixitais. Mentres, a
segunda fase da iniciativa, pretende atender directamente a 150
pequenas e medianas empresas para que implanten ou impulsen as súas
ferramentas de comercio en liña, ademais de iniciar ou incrementar a
súa capacidade comercial ofrecéndolles todo aquilo que necesiten.
José
Bogas, destaca que “a capacidade da sociedade para, con axilidade,
unir esforzos e envorcar a dirección dos seus proxectos cara a un
foco distinto e solidario, debe ser unha desas leccións aprendidas
que chegaron para quedar”. Doutra banda, a presidenta nacional de
AFAMMER, considera que “o proxecto será beneficioso para o medio
rural porque axudará ao desenvolvemento e a creación das pequenas e
medianas empresas nesas zonas” e destaca “a experiencia de
AFAMMER na xestión de proxectos deste tipo a nivel estatal”.
O
orzamento que se destina para a iniciativa é de 615.000 euros. As
pemes
interesadas poderán solicitar información na
web de AFAMMER.