En crise as empresas que promoven trebellos revolucionarios baseados en IA
mércores, 22 de maio do 2024
En plena explosión do fenómeno da intelixencia artificial hai compañÃas que buscan tirar proveito de xeito rápido, e ante a dificultade de facer cartos da comercialización de servizos, optaron pola venda de produtos fÃsicos coa promesa de servir como adianto dun prometedor futuro, como foi o caso do Ai Pin de Humane e do r1 de Rabbit, pero semella que simplemente construÃron un castelo de naipes que agora está a derrubarse.
O grande expoñente dos trebellos con IA é o Ai Pin, que chegaba coa promesa de converterse nunha alternativa ao smartphone, pero tan pronto chegou a mans dos consumidores resultou ser unha total decepción, ao tratarse dun dispositivo que apenas tiña unha pequena mostra das caracterÃsticas prometidas, que tiña un funcionamento moi pouco fiable nas súas funcións actuais, cunha velocidade de resposta desesperante (pode tardar máis de medio minuto en responder unha pregunta sinxela) e cunha autonomÃa reducidÃsima (resulta imposible empregalo durante unha xornada completa incluso tirando proveito da baterÃa secundaria coa que se subministra).
Ante esta situación non é de sorprender que dende Bloomberg estean a informar de que Humane está na procura dun comprador, pretendendo que paguen pola súa compañÃa entre 750 e 1.000 millóns de dólares, pese a que os seu primeiro produto é un completo desastre, simplemente polo feito de que a tecnoloxÃa que están a desenvolver resulta prometedora. Resulta difÃcil soster tal valoración, pois o ano pasado, cando o lanzamento do Ai Pin aÃnda non danara irreparablemente a súa reputación, estimábase que a compañÃa poderÃa valer 850 millóns de dólares (facendo que os 230 millóns que recibiron como investimento conseguisen un bo retorno). En calquera caso, a compra de Humane non parece algo absurdo, xa que a compañÃa acumula talento nun sector no que aÃnda está todo por explotar.
Rabbit poderÃa ser un calote
Máis complicada é actualmente a situación de Rabbit Inc., a compañÃa que prometÃa unha solución semellante á de Humane, pero moito máis económica: o r1. Este trebello non só chegando ao mercado practicamente sen funcionalidades, e con moitos problemas de funcionamento, confirmando que estamos moi lonxe de que este tipo de produtos poidan manexarse no mercado de consumo.
Pero aÃnda que inicialmente poderiamos pensar que dende Rabbit pecaron de optimismo, o feito de que o trebello en si mesmo fose innecesario (pois simplemente é un móbil de baixa gama con Android mutilado para non parecer un teléfono) e puidese funcionar como unha aplicación móbil non é a única crÃtica que están a recibir, senón que dende a canle de YouTube dedicada ao xornalismo de investigación Coffeezilla desvelaron que Rabbit Inc. era anteriormente Cyber Manufacture Co., compañÃa relacionada co mundo das criptomoedas, que desenvolveu un proxecto frustrado sobre NFT e en numerosas ocasións mentiu sobre os seus obxectivos. O feito de que o responsable de Rabbit estea a camuflar a súa participación en distintos proxectos crypto para conseguir investimento e logo non ofrecer nada do prometido deberÃa estar a disparar todas as alarmas, non só sobre Rabbit Inc., senón tamén nos proxectos sobre IA en xeral, que en moitas ocasións estarÃan a vender fume aproveitándose da velocidade á que está a moverse o sector, ante a que os investidores non están a realizar as comprobacións básicas para saber en quen poden confiar.
Coffeezilla presenta evidencias que dan a entender que a xente detrás de Rabbit non é de fiar