Dixitaliza os teus negativos
xoves, 5 de xullo do 2007
Agora que se normalizou o uso de cámaras dixitais, recuperar as vellas
fotografÃas pode supor complicado, especialmente se están gardadas en álbums, polo
que o Digital
Picture Converter pode ser un periférico moi útil, pois permite dixitalizar
fotografÃas en negativo (de xeito que non temos que desfacer os álbums para
gardar os nosas fotos dixitalmente).
O dispositivo ten un foto sensorial de 5 MpÃxeles CMOS que analiza o negativo e
converte 10 bits de cor por canle, de xeito que as imaxes se capturan nunha boa
calidade. Acada unha resolución de 1.829 dpi grazas a 3 diodos LED (que utiliza
coma luz de fondo), conéctase mediante USB e se venderá en Hammacher
Schlemmer a 99,95 dólares (73,51 euros) a partires do mes de agosto.