Digi mellora as súas tarifas móbiles
mércores, 21 de maio do 2025
O operador de telecomunicacións Digi segue a mellorar as súas tarifas móbiles para atraer novos clientes e reter aos actuais, o que nesta ocasión supón o incremento do volume de datos incluído nas súas tarifas móbiles e na rebaixa de prezo das tarifas ilimiTODO.
En concreto, as tarifas móbiles con 100 minutos en chamadas pasan de 15 a 25 GB de datos acumulables, mentres que as tarifas con chamadas ilimitadas en 30 GB de datos inclúen agora 50 GB, as que teñen 60 GB pasan a ter 100 GB, as de 120 GB pasan a 150 GB e as de 240 GB a 250GB, mantendo prezo.
- As tarifas ilimiTODO baixan de prezo para quen non ten unha liña de fibra asociada
As tarifas ilimiTODO (con chamadas e datos sen límite) contratadas sen estar asociadas a unha liña de fibra reducen o seu prezo considerablemente, de xeito que unha liña solta pasa de 15 a 12 euros/mes, con dúas liñas contratadas pasa de 12 a 10 euros/mes cada unha, e a partir de tres liñas o prezo pasa de 10 a 8 euros/mes cada liña.
Estes cambios aplicaranse de xeito automático aos clientes de contrato de Digi ao longo da presente semana, estando xa dispoñibles para novos clientes.
- As tarifas para móbil incrementan o volume de datos incluído