Denuncian a TikTok nos EE.UU. por considerar que é un risco para os menores
martes, 8 de outubro do 2024
A fiscal xeral de New York, Letitia James, e o fiscal xeral de California, Rob Bonta, lideraron unha coalición bipartidista de 14 fiscais xerais para presentar demandas contra a plataforma social TikTok por enganar ao público sobre a seguridade da súa plataforma e por danar a seguridade mental dos mozos.
As demandas, presentadas individualmente por cada membro da coalición, alegan que TikTok violou as leis estatais dos EE.UU. ao afirmar falsamente que a súa plataforma é segura para a mocidade. Aseguran que moitos mozos están a loitar con problemas de saúde mental e de imaxe corporal debido ás caracterÃsticas aditivas de TikTok e incluso están a lesionarse e mesmo chegan a morrer por culpa dos perigosos desafÃos que se crean e promoven en TikTok.
A fiscal xeral James e o resto de demandantes buscan deter as prácticas perniciosas de TokTok e impor sancións financeiras á compañÃa. James asegura que a demanda quere «protexer aos mozos e axudar a combater a crise de saúde mental xuvenil en todo o paÃs», mentres que Rob Bonta apunta que «a nova investigación revelou que TikTok cultiva a adición ás redes sociais para aumentar as ganancias corporativas. TikTok dirÃxese intencionalmente aos nenos porque saben que os nenos aÃnda non teñen defensas ou a capacidade de crear lÃmites saudables en torno ao contido aditivo».
Entre as prácticas de TikTok denunciadas destacan as notificacións a calquera hora, a reprodución dun fluxo interminable de vÃdeos, o contido efémero que busca unha atención inmediata (ante a posibilidade de perder a oportunidade de interactuar), seccións de gústame e comentarios que serven como forma de validación sociais e incluso os filtros de beleza que alteran a aparencia e poden facer diminuÃr a autoestima dos mozos.
Sobre isto último, sosteñen que hai estudos que aseguran que o 50% das nenas cren que non se ven ben sen editar os seus trazos e o 77% tenta mudar ou ocultar cando menos unha parte do seu corpo empregando filtros.
Os denunciantes aseguran que TikTok minte aos falar da seguridade da súa plataforma, dando a entender que medidas como os lÃmites de uso son efectivas (cando pode seguir a empregarse a aplicación tras superar o lÃmite dun xeito doado), destacando o feito de que, mentres afirman publicamente que TikTok non é para nenos menores de 13 anos, a plataforma presenta temas, actividades, música e outros contidos dirixidos a eles (incluÃndo publicidade).