Dell anuncia un ordenador todo-en-un que pode facer ás veces de tablet xigante
mércores, 13 de marzo do 2013
Os
ordenadores todo-en-un son unha tendencia que gaña peso ano tras ano, e pola
que Dell aposta firmemente, atrevéndose incluso a sorprender con equipos como o
Dell
XPS 18, o ordenador deste tipo máis delgado, lixeiro e versátil da compañÃa
que sairá
á venda dentro dun mes por un prezo de 899,99 dólares (en EE.UU. e algúns
paÃses europeos aÃnda non detallados) e que goza dunha pantalla táctil Full HD de
18,4 polgadas e unha baterÃa recargable (cunha autonomÃa dunhas 5 horas), de
xeito que incluso poderÃa empregarse como tablet dentro do fogar.
O Dell XPS 18 serÃa unha especie de tablet xigante con Windows 8, que ao
empregalo cun teclado e cun rato funcionarÃa como calquera outro ordenador todo-en-un
(grazas a que integra un pé abatible), mantendo o seu peso sobre os 2
quilogramos, polo que cargar con el serÃa moi semellante a transportar un
ordenador portátil.
Como é costume en Dell, o equipo poderá configurarse para funcionar cunha
unidade SSD, o que xunto co seu procesador Intel Core de terceira xeración permitirán
que funcione a unha velocidade máis que satisfactoria para a meirande parte dos
usos dun ordenador persoal.
- O equipo poden empregarse como un todo-en-un ordinario