Dead Rising 2 adía o seu lanzamento ata o 1 de outubro
luns, 28 de xuño do 2010
O agardado Dead Rising 2 verá
retrasado o seu lanzamento un mes, de xeito que este título de mata-zombies que
converte en saga unha historia iniciada nun xogo de Xbox 360 que xa está considerado
coma un clásico da consola de Microsoft, e que desta volta estará dispoñible
para PC, PS3 e Xbox 360, non
chegará ás tendas europeas ata o vindeiro 1 de outubro.
Capcom non anunciou os motivos do retraso do xogo inicialmente previsto para o
3 de setembro, pero o que si parece claro é que esta entrega, ao ser
multi-plataforma dende o momento do seu lanzamento, vai superar sobradamente os
resultados económicos do seu predecesor, á vez que chega ao mercado nun momento
no que os xogos deste xénero están de
moda, polo que todo apunta a que vai ser un dos grandes títulos do outono.