DATAlife ofrece servizos de I+D sen custo para as pemes estratéxicas de Galicia
luns, 5 de xuño do 2023
- O equipo de xestión de DATAlife e representantes dos socios
DATAlife
Hub de Innovación Dixital (DIH) para as Ciencias da Vida de Galicia
celebrou en Santiago a súa sexta asemblea xeral ordinaria, onde
destacou os logros alcanzados desde a súa creación en 2019.
DATAlife é un dos dous hubs de innovación dixital
estratéxicos impulsados pola Xunta para contribuír á
transformación dixital das pemes galegas. Neste sentido, a
Administración autonómica, a través da Axencia Galega de
Innovación (GAIN) destacou a “importancia de DATAlife como
entidade capaz de mobilizar ao ecosistema, dende os centros
tecnolóxicos e universidades ata as pemes, que son as que máis
apoio necesitan en dixitalización”.
Pablo
Álvarez Freire, presidente de DATAlife, recalcou a importancia de
poder contar co financiamento de GAIN para que o hub
comezase a súa andaina e destacou a oportunidade de contar con
subvención estatal e europea grazas á obtención do proxecto
europeo EDIH DATAlife. “A nosa selección como European Dixital
Innovation Hub pola Comisión Europea (CE) posiciónanos e permite
dar o chimpo a Europa, conseguindo maior proxección para Galicia nos
ámbitos tecnolóxicos e sectoriais que nos ocupan”, sentenciou.
- Pablo Álvarez Freire, presidente de DATAlife e o equipo do hub que xestiona Lucía Castro
DATAlife
sitúase deste xeito como o único hub galego que
recibe apoio económico por parte da CE cun proxecto de case seis
millóns de euros. Os fondos permiten ofertar servizos tecnolóxicos
de I+D totalmente gratuítos para as pequenas e medianas empresas dos
sectores agro-mar alimentación, biotech, forestal-madeira e
saúde-coidados. As entidades interesadas xa poden poñerse en
contacto con DATAlife para comezar a recibilos.
O
hub repasou as iniciativas en marcha, como o proxecto
Hub Iberia Agrotech (HIBA) que pretende impulsar un ecosistema
plurirrexional centrado na dixitalización do sector agroalimentario
de España e Portugal a partir dos DIH. Destacou o seu apoio a 12
proxectos a través das convocatorias Conecta COVID e Conecta Hubs
promovidas por GAIN e ao proxecto MANS 4.0, liderado por Raiola
Residencial, a través de Axudas destinadas á dixitalización dá
industria 4.0 do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
DATAlife,
apoiado por todo o seu equipo de xestión liderado pola xerente Lucía
Castro, tamén presentou un resumo en cifras aos seus 18 socios. E
destacou mobilizar ao redor duns 19 millóns de euros a través de 25
proxectos e dar soporte a case 900 pemes e outras entidades.
Finalmente, e centrando a mirada en temas de Intelixencia Artificial,
tamén fixo mención dos 21 servizos apoiados polo hub
neste ámbito, que inclúen accións como acceso a financiamento, o
apoio a proxectos ou mesmo o desenvolvemento de servizos tecnolóxicos
relacionados con esta tecnoloxía.